Audiencia Pública

Solicitude dunha Audiencia Pública

A Inicitiva Cidadá ten por obxecto promover a apertura dun debate público aberto á cidadanía ao abeiro do artigo 17, e segundo o disposto no 18, sobre Audiencia Pública do Regulamento de Participación Cidadá do Concello de Ferrol, onde se nos dea conta do conxunto de elementos que conforman o convenio sobre o saneamento, o protocolo, a encomenda de xestión e a ordenanza que regula a taxa, entre outros.

Segundo o Regulamento citado por tratar-se dunha demanda ou problema de carácter global ou xeral e que afecta ao conxunto do territorio municipal a porcentaxe de sinaturas verificables de poboación maior de 16 anos (62.826 segundo o INE en dados 2013) que como mínimo, teremos que recadar ascenderá ao 10% do censo municipal (6.283 sinaturas).

O texto para a recollida de sinaturas para solicitar Audiencia pública, nos termos que sinala o Regulamento de Participación Cidadá é o que segue:
PETICIÓN DE AUDIENCIA PÚBLICA

A veciñanza de Ferrol, cremos necesario a apertura dun debate público aberto á cidadanía ao abeiro do artigo 17, audiencia pública, do Regulamento de Participación cidadá vixente no Concello de Ferrol, onde se nos de conta do conxunto de elementos que conforman saneamento, tanto desde un punto de vista técnico como xurídico (protocolo, a encomenda de xestión e a ordenanza que regula a taxa) entre outros.
Detalle sobre a Audiencia Pública, lexislado no do Regulamento de Participación Cidadá do Concello de Ferrol aprobado por unanimidade do Pleno do Concello na sesión ordinaria do 9 de Xullo de 2009 e publicado no BOP do 2 de Decembro de 2009 Número 256, Páxina 58. Que segundo o Artigo 1 do mesmo: O obxecto deste Regulamento é regular as formas, medios e procedementos de participación das veciñas e veciños na xestión e control das políticas públicas municipais, tanto individualmente como a través de entidades cidadás:
CAPÍTULO V. DEREITO DE AUDIENCIA PÚBLICA

Artigo 17. Definición de audiencia pública

Os/as veciños/as de Ferrol teñen o dereito de audiencia pública, que consiste en facer sesións específicas abertas a todos/as os/as veciños/as que o desexen, para ser informados/as e escoitados/as en relación a aqueles temas de competencia municipal, e de especial relevancia para o municipio.

Artigo 18. Funcionamento da audiencia pública

1. A audiencia pública será convocada polo Alcalde/sa ou por calquera dos/das Concelleiros/as Delegados/as, xa sexa a iniciativa propia, a petición da cidadanía ou tecido social.

2. Poden solicitar unha audiencia pública os órganos de participación existentes (regulados polo Título III do presente Regulamento), as entidades municipais, ou cidadáns/cidadás individuais, sempre que presenten o apoio do 1% da poboación empadroada no municipio maior de 16 anos, mediante sinaturas verificables, cando o problema afecte ao ámbito territorial dun barrio ou parroquia do Concello. No caso de que a audiencia pública faga referencia a unha demanda ou problema de carácter global ou xeral e que afecte ao conxunto do territorio municipal a porcentaxe de sinaturas verificables de poboación maior de 16 anos ascenderá ao 10%.

3. As audiencias públicas solicitadas pola cidadanía celebraranse nun prazo non superior a 30 días trala presentación das sinaturas no Rexistro Municipal.
Pregos para a recollida de sinaturas para a solicitude de Audiencia Pública | Acceder ou Baixar.

+++