Mesa de Traballo en Ferrol: sobre Auga e Corrupción, coa presencia de Fernando Urruticoechea (Economista e interventor xeneral municipal no concello valenciano de Oriola) - Consecuencias da xestión privada da auga - Este venres 13 de Maio, ás 18:30hs en Caranza, local de Fuco Buxán


Mesa de Traballo

Auga e Corrupción.
Consecuencias da xestión privada da auga.

Xornada Aberta! Participa !!

Coa participación de Fernando Urruticoechea, economista e interventor municipal, con habilitación estatal, de categoría superior. Foi precursor das denuncias de corrupción xa en 1990 no concello de Galdakao (Biscaia), sendo máis coñecido o seu labor profesional, de control da legalidade, no Concello de Castro Urdiales (Cantabria), entre os anos 2001 e 2006. Máis recentemente tivo que informar acerca da corrupción existente no concello de Crevillente (Alacante), tamén case en total soidade. Como funcionario demostrou ser unha persoa comprometida co cumprimento da súa profesión, en defensa do interese xeral e moi activa contra a corrupción.

[*] Fernando Urruticoechea, economista e interventor xeneral municipal no concello valenciano de Oriola, na comarca do Baix Segura

Artigo de Interese:
Como gañar a batalla do auga, de Fernando Urriticoechea. | Publicado o setembro 14, 2014 en Atlántica XXII (Revista Asturiana de Información e Pensamento). | Ir á Web.

Enlaces relacionados:
A Coruña quere levar o dereito humano á auga a toda a súa xestión. | 21 de setembro de 2015. | Ir á Web.

||||||||||||||||||||||||
      NOVAS ACTUALIZACIÓNS - 17 DE SETEMBRO DE 2014     

Xuntanza e Recolllida de Sinaturas
  • Xuntanza da Comisión de Traballo da iniciativa cidadá pola audiencia pública e a remunicipalización do ciclo integral da auga o mércores 17 de setembro, as 20:00 h. onde sempre (En Ferrol, no local da asociación veciñal de Recimil na rúa Euzkadi, frente ao núm.6). | A orde do día provisional: 1) Rolda de prensa en sargadelos o venres 19 e recollida masiva de firmas o domingo coincidindo coa feira de Ferrol. 2) Proposta de movilización. 3) Charla saneamento rural. 4) varios.
  • Mesa para recollida de sinaturas no Mercado Recimil, polo retorno da xestión da auga e o saneamento a mans públicas. | Quedamos de poñer outra vez a mesa no no Mercado Municipal de Recimil. | Este Mércores 17 de Setembro, de 11:00 a 13:00hs. Quen poda e queira está convidad@ a participar.
Calendario de Mesas para recollida de sinaturas:
  • Calendario de Mesa para recollida de sinaturas polo retorno da xestión da auga e o saneamento a mans públicas e para solicitar unha Audiencia Pública e unha Iniciativa Popular con Consulta Pública. | Feirón de Caranza - Mercado  de Caranza: Sábado, 6 de Setembro, de 11:00 a 13:00hs. | Cruceiro Canido: Sábado 6 de Setembro, de 12:00 a 13:00hs. | Cruceiro Canido: Domingo, 7 de Setembro, de 12:00 a 13:00hs. | Mercado de Recimil: Luns, 8 de Setembro, de 11:00 a 13:00hs. | Mercado de Recimil: Mércores, 10 de Setembro, de 11:00 a 13:00hs. | Feirón do Inferniño - Praza do Inferniño: Sábado, 13 de Setembro, de 11:00 a 13:00hs. | Praza de Armas: Martes, 16 de Setembro, de 11:00 a 13:00hs. | Mercado de Recimil: Mércores, 17 de Setembro, de 11:00 a 13:00hs. | Feira de Ferrol: Domingo, 21 de Setembro, de 11:00 a 13:00hs. | Ir á Axenda.
Documentación:
  • Informe Técnico elaborado para a Comisión de Traballo da Iniciativa Cidadá co seguinte contido: 1. Características do Sistema de Saneamento;  2. Caudais de augas residuais considerados no saneamento;  3. Avaliación do consumo enerxético; 4. Avaliación dos custos do sistema de depuración de augas residuais;  Conclusións Xerais; Bibliografía. 12 páxinas | Acceder/Baixar.
Entrevista co Alcalde de Narón:
  • A estratexia de Ferrol é a dos feitos consumados, facer as cousas e logo xa reclamarán” | Por Lorena Romero Carballo - Diario de Ferrol| 31 de Agosto de 2014 | Xosé Manuel Blanco (Terra Galega), alcalde de Narón desde o ano 2009 | O alcalde de Narón, Xosé Manuel Blanco, lamenta a tensión actualmente existente co Concello de Ferrol. A falla de vontade para dialogar é, segundo o rexedor naronés, o detonante das malas relacións entre ambalasdúas corporacións. A situación afecta directamente á práctica totalidade dos servizos que os dous municipios comparten e agravouse hai uns meses, antes de comezar as obras do saneamento integral da ría ferrolá. A resolución deste último conflito pode acabar nos xulgados, unha opción que non descarta o alcalde de Narón. | Ir a Web.
Xuntanza:
  • Xuntanza da Comisión de Traballo da iniciativa cidadá pola audiencia pública e a remunicipalización do ciclo integral da auga. |Mércores 3 de setembro, ás 20:00hs. | En Ferrol, no local da asociación veciñal de Recimil (rúa EuzKadi, frente ao núm.6. |  Orde do día provisional: 1) Valoración intervención no pleno. 2) Novo pulo a recollida de firmas. 3) Charla sobre o saneamento do rural. 4) Ampliar dossier con novas aportacións e a posibilidade de edítalo en papel. 5) Posibilidade de contratar un abogado. 6) Tesourería. 7) Varios.
Novas de Interese:
  • Saneamento, si, mais non así | O Pleno do Concello de Ferrol aprobou unha nova Ordenanza fiscal cunha nova Taxa de Saneamento para 2014 | Intervención no pleno da Iniciativa cidadá pola xestión pública e social do ciclo da auga e do saneamento en Ferrol | Ártabra 21 - 28.08.2014 | ir a web.
  • A aprobación da nova taxa de depuración centra o debate do pleno ordinario de Ferrol | Marta Corral - Ferrol 360 | Ferrol | Xoves 28 agosto 2014 | 19:35 | Ir á Web. .
  • Aprobada a nova taxa pola depuración das augas de Ferrol | O PP só logrou o respaldo de IF para sacar adiante un tributo cualificado pola esquerda de «abusivo» | Rocío Pita Parada - La Voz de Galicia | 28 de agosto de 2014 17:12 | Ir á Web.
  • Ferrol cobrará polo saneamento da ría entre 60 e 70 euros ao ano por domicilio | A nova taxa comezará a aplicarse en agosto e pagarase semestralmente | Rocío Pita Parada - La Voz de Galicia | FERROL 28 de maio de 2014 13:27 | Ir a web..
Novos Documentos
  • Concluído período de exposición pública, presentaron-se diferentes alegacións (Concello de Narón, Grupo Municipal do PSdeG-PSOE, Grupo Municipal de Esquerda Unida, o BNG acompañado de máis de 600 sinaturas, EMAFESA que as retirou, e a Iniciativa Cidadá), en relación coas mesmas o Xefe de sección de facenda e patrimonio emitiu 'Informe Análise individualizado das distintas alegacións', para o Pleno do 28 de Agosto de 2014. As reclamacións non foron tidas en conta, a proposta de Ordenanza queda como estaba, coa única modificación da tarifa no apartado 'Autoridade Portuaria e outros Concellos' que quedaría so referida como 'Autoridade Portuaria', eliminando o de "outros Concellos".| Acceder/Baixar.
  • PROPOSTA DE ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA DE DEPURACIÓN DE AUGAS RESIDUAIS PARA O ANO 2014. | Acceder/Baixar.
Rolda de Prensa - A nova nos medios - Vídeo
  • A Iniciativa cidadá pola xestión pública e social do ciclo da auga e do saneamento en Ferrol, solicitou hoxe pola mañá (martes 26 de agosto de 2014) por Rexistro no Concello a solicitude de intervención no pleno do vindeiro xoves 28. Na orde do día deste pleno, figura a aprobación da modificación da ordenanza que contempla a nova taxa da auga. Unha vez rexistrada a petición de intervención, realizou-se unha rolda de prensa. | Ártabra 21 (vídeo) | Ferrol 360 | La Voz de Galicia| Diario de Ferrol (Curiosa Non-Noticia ao menos na web)| FerrolTV-Canal 31 (Non fan mención á noticia na web, iso que estiveron presentes, ao mellor só emitiron no Noticiario) | El Correo Gallego .
Novos Documentos:
  • DOC-1 - Escritura de constitución de EMAFESA (Empresa Mixta de Augas de Ferrol, S.A.) | 3 de Abril do 2000 | 88 páxinas escaneadas como imaxe en doc formato pdf. | Acordo Plenario do 18 de Setembro de 1998 en orde á modificación da xestión dos servizos de abastecemento de auga e saneamento do termino municipal de Ferrol, a través da xestión indirecta mediante empresa mixta, con aprobación do Prego de Condicións Xerais que habería de rexir o concurso para a seleción do socio privado co que constituir dita empresa mixta. Ratificado todo no Acordo Plenario do 11 de Novembro de 1998. Adxudicación do concurso de seleción de referencia, no Acordo Plenario do 28 de Abril de 1999. E Acordo Plenario do 24 de Febreiro do 2000, onde se aproban os Estatutos de EMAFESA entre outros acordos. | O arquivo que está aloxado na nosa conta na nube de Google, pesa 32,3MB, excede o tamaño máximo que o Google Drive pode verificar para a busca de virus. Polo que non se pode ver online, só se pode Baixar.
  • Doc-2 - Protocolo de Execución concertada entre o Concello de Ferrol e EMAFESA, para a xestión, explotación, mantemento, e conservación do sistema de saneamento e depuración. | Maio 2014 |  29 páxinas escaneadas como imaxe en doc formato pdf. | Con Proxecto de Xestión e Explotación do Sistema Integral de Saneamento e Depuración de Ferrol (Plan de Viabilidade e Plan de Inversións) e outros Anexos.| Acceder/Baixar.
Enlaces de interese:
  • INFORME TÉCNICO DO ABASTECEMENTO DO SISTEMA DO ENCORO DE FORCADAS - PROPOSTAS DE ACTUACIÓN NO MARCO DO PLAN AUGA. | Acceder/Baixar.
  • DEPURACIÓN E VERTIDO DE FERROL. CRUZAMENTO E IMPULSIÓN DA MALATA - EMISARIO TERRESTRE A MALATA-EDAR DE CABO PRIORIÑO. | 3 DE XANEIRO DE 2.010  | Acceder/Baixar.
  • “A XESTIÓN DO SISTEMA DE ABASTECEMENTO EN FERROLTERRA” – MAIO 2.009 | Acceder/Baixar.
  • PROXECTO DE SANEAMIENTO INTEGRAL DOS MUNICIPIOS DE FERROL, NARÓN E NEDA DEPURACIÓN E VERTIDO DE FERROL. MAIO 2.009 (CHMS). | Acceder/Baixar.
  • XORNADAS SOBRE COSTES E XESTIÓN INTEGRADA DA AUGA NOS SISTEMAS DE ABASTECEMENTO E SANEAMENTO – ENERO 2007  | Doc-1 - Acceder/Baixar.  | Doc-2  Acceder/Baixar.
Novo Vídeo:
  • O pasado 29 de Xullo, o programa Espazo Aberto da TV local 'Televisión Ferrol', dirixido por Fernando Rodríguez, entrevistaba ao compañeiro Alexandre Carrodeguas, perante 20 minutos sobre o saneamento e o abastecemento de auga en Ferrolterra.| Ir a web.
Documentación:
  • DOCUMENTOS APROBADOS POLO PLENO DO CONCELLO DE NARÓN | O pasado 14 de Xullo de 2014, o Pleno do Concello de Narón aprobaba, a proposta da Alcaldía, tres REQUIRIMENTOS (previstos no artigo 44 da Lei 29/1998, de 13 de Xullo, Reguladora da Xurisdición Contencioso-Administrativa) a fin de que polo Concello de Ferrol se adopte un acordo revogando e deixando sen efecto tres decisións adoptadas na sesión plenaria de 29 de Maio último, onde se aprobou un Convenio de Colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Ferrol; un Protocolo de Execución entre ese Concello e Emafesa (nos Requirimentos sinalados como documentos DOC-2 e DOC-3); e o acordo onde se aproba provisionalmente a imposición e ordenación dunha taxa polo servizo de depuración de augas residuais (documento sinalado como DOC-1), por ser, segundo o Concello de Narón, os dous primeiros nulos de pleno dereito e o último non ser conforme a dereito, dado a nulidade dos dous primeiros acordos. | >>> Seguir lendo e enlaces para Acceder/Baixar os Documentos.
  • Reclamacións feitas pola Iniciativa Cidadá ao Acordo Plenario (29.05.2014) do Concello de Ferrol onde se aproba provisionalmente a imposición e ordenación dunha taxa polo servizo de depuración de augas residuais (Ordenanza de Saneamento). | Acceder/Baixar.
Novos vídeos:
  • NOVAS TENDENCIAS EN XESTIÓN DO CICLO INTEGRAL DO AUGA | Por Universidade Miguel Hernández de Elche | Expoñer as principais tendencias e tecnoloxías empregadas nunha xestión integral e sostíbel do ciclo da auga.- Aportar criterios técnicos que permitan atopar solucións aplicables ao ciclo integral da auga que axuden á sociedade a minimizar o seu impacto no medio ambiente.- Procura de sinerxias que aumenten a eficiencia da xestión destes recursos e os seus subprodutos.- Mostrar os últimos avances en metodoloxías de análises e caracterización de biorresiduos, que permitirán a elección e adaptación das estratexias máis adecuadas de valorización dos mesmos.- Mostrar os avances na reutilización urbana de augas e o papel que xogou o RD 1620/07 na valorización das augas procedentes de depuración.- Mostrar e discutir o actual escenario respecto de a valorización enerxética e agronómica dos lodos de depuradora. | Ir a canle vídeo. | Programa das Xornadas celebradas os días 29, 30 e 31 de Maio deste ano. | Acceder/Baixar.
  • A xestión da Auga será pública: Annelies Broekman - Ecoloxistas en Acción. | Ir a canle vídeo.
  • Enlace cos vídeos das xornadas sobre remunicipalización que tiveron lugar en Ferrol, na SGHN o mes pasado. Faltaría o relatorio de Emilio Pachón sobre o proceso de remunicipalización de Aguas del Huesna, que estamos a espera de que o envien. | Ir aweb.
 Artigos recomendados (Enlaces):
  • O intento de privatizar a Canle de Isabel II: un caso de corrupción legal? (I) | 23 xuño, 2014 | Autor: Ramón Marcos Allo |Ir a web.
  • O intento de privatizar a Canle de Isabel II: un caso de corrupción legal? (II) | 23 xuño, 2014 | Autor: Ramón Marcos Allo |Ir a web.
Documentación:
\\\\\